Saltar ao contido

Sala Rebullón

A Sala Rebullón localízase dentro do Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas, configurando así, un territorio cultural a escasos 10 min en coche do centro de Vigo. Espazo coñecido pola súa incrible sonoridade, deseño e sobre todo, coñecida polos seus concertos e espectáculos.

CMVMC Tameiga

Territorio cultural

as pedriñas

O Centro Social, Cultural e Deportivo As Pedriñas é un espazo xestionado pola Comunidade de Montes e Veciños de Tameiga, entidade sen ánimo de lucro representada pola poboación local, que xestiona os recursos do territorio e organiza actividades periódicas para a veciñanza, que abrangue un amplo abanico de oferta cultural para todos os públicos e intereses: talleres artísticos, culinarios, de sensibilización animal, estimulación sensorial, expresión musical, saúde e crecemento persoal, roteiros, festiváis, romerías e actuacións artísticas.