Saltar ao contido

Como chegar

Bus urbano dende Vigo

Colle a liña 15B en dirección ao Hospital do Meixoeiro ou a liña 15C en dirección ao CUVI e baixa nas paradas da Crta. das Prantas. Dende a parada camiña un km ata a Sala.
Se chegas no 15C o bus déixate uns 500 m máis perto.

Dende A Crta. Das Prantas Ata A Sala Rebullón

Bus interurbano

Se ves dende Vigo colle na estación de Vialia algún dos buses con destino O Porriño. Se ves de O Porriño o dende outros concellos do sur colle bus que vai a Vigo.
Baixa na parada de Puxeiros e dende alí camiña uns 15 minutos ata Sala Rebullón.

Dende Puxeiros Ata A Sala Rebullón

Chegar en Taxi

Consulta máis información en Radio Taxi Vigo o chama aso teléfonos 986 27 28 29, 986 123 123 ou por WhatsApp ao 604 002 101.
Ademáis en Puxeiros tes unha parada de bus por se queres voltar a casa.