Cargando eventos

« Todos os eventos

A CONSPIRACION DA PIOLLA – Tiruleque

18 Outubro @ 19:00 -20:00
BILLETEIRA INVERSA
A ConspiraciÓn Piolla Rrss
Nun país imaxinario e na época actual, un comando contrario ao réxime existente está maquinando atentar contra o tirano que goberna o país.
Toda a acción se desenvolve nun só acto e transcorre no “piso franco”, onde se está montando unha bomba. Entre os conspiradores xorden diferencias sobre cal sería o mellor método para acabar co ditador; xa que se veñen barallando varias posibilidades, e mentres se avalían estas, unha parte dos intrigantes vai maquinando a forma de controlar a cédula, para deixar fóra aos actuais dirixentes, o que rematan conseguindo con malas artes, para acabar sendo vítimas da propia situación provocada, ao acceder ao poder sen ter a preparación adecuada. E amais porque o autor do texto é partidario de que sempre perdan os malos.

Detalles

  • Data: 18 Outubro
  • Hora:
    19:00 -20:00
  • Custo: BILLETEIRA INVERSA
  • Categoría do Evento:

Recinto