Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CRYPTA + BLOODHUNTER

14 Xuño @ 20:00 -23:30
22€ - 25€
Crypta14xunho26

Regresa o Death Metal de CRYPTA

Crypta confirma novas datas dentro da súa xira mundial tras o éxito masivo de “Shades of Sorrow”

A formación brasileira Crypta segue consolidándose como un dos nomes máis potentes do death metal actual. Tras un 2023 que as levou a debutar nas listas de Billboard e ser recoñecidas pola crítica internacional, a banda liderada por Fernanda Lira, Luana Dametto e Tainá Bergamaschi prepárase para unha nova incursión por salas europeas.

Fundada en 2019, a banda percorreu un camiño meteórico. Dende o seu debut con Echoes of the Soul ata o seu recente Shades of Sorrow, Crypta demostrou que o seu non é só técnica, senón unha intensidade visceral que xa pasou polos escenarios de Wacken Open Air, Rock in Rio e Bloodstock.

Para estas datas, o grupo preséntase en formato trío oficial, acompañado por guitarristas convidadas para manter a muralla de son que as caracteriza en directo. As persoas asistentes poderán esperar un repertorio cargado da escuridade e velocidade que as levou a xirar con lendas como Morbid Angel ou Carcass.

Detalles

  • Data: 14 Xuño
  • Hora:
    20:00 -23:30
  • Custo: 22€ - 25€
  • Categoría do Evento:

Recinto