Cargando eventos

« Todos os eventos

DO ROXO PRESBIÇIAN – THE SEXTY LEFTIES

16 Outubro @ 22:00 -01:00
BILLETEIRA INVERSA
Do Roxo Presbiçian

DO ROXO PRESBIÇIAN

Grupo de Grugherock nado en Mos no ano 2021, fai unha música de cordas potentes e batería contundente con letras que beben do existencialismo.  A banda está formada por Kami paz (guitarra), Poli Arjones (baixo), Koki Perghiza (guitarra), Berto Ares (batería) e Chechi Cajanitxo (voz). Caracterizándose por ter un potente directo cargado de honestidade.  Nos escenarios levan 5 anos, con concertos como “A Fábrica de Chocolate”, “Sala Rebullón”, “A Pedra que fala fest” ou “Louro rock”, compartindo escenario con Seitura, Santi Campillo, Toñito de Poi ou Sustanciados entre outros. No ano 2025 sacaron o seu primeiro E.P. chamado “bla, bla, bla” con catro temas ben potentes que se poden escoitar en todalas plataformas, mentras pensan en grabar un novo este inverno. En setembro xiraron por Extremadura, donde tocaron no “Moñeco Fest”, festival referencia do sur de Badajoz e norte de Sevilla.

THE SEXY LEFTIES

Un grupo que decidiu poñerlle un nome literal ao seu maior superpoder: son zurdos. E non, non é unha banda calquera; levan o ADN de Porriño tan integrado que xa lles saíu callo. Están liderados por Iván, Sebastián, Pedro, Phil e Noelia, quen, ademais de ser a única muller, é a máis nova, así que xa saben quen ten que poñer a música no Spotify. Veñen de tocar metal e hard rock, pero agora cambiaron ao soul, blues e funk moito máis tranquilo, que é o que se leva cando un xa ten responsabilidades laborais e non pode estar berrando todo o día. Entre semana teñen traballos normais, pero xa están pensando en gravar un disco con temas propios e versións para ver se soan nos bares. 

Detalles

  • Data: 16 Outubro
  • Hora:
    22:00 -01:00
  • Custo: BILLETEIRA INVERSA
  • Categoría do Evento:

Recinto