
- Este evento pasou.
EMMY CURL + HYDN

Catarina Miranda (n. 1990), coñecida como EMMY CURL, é unha pioneira cantautora, produtora e artista visual portuguesa. Iniciou a súa carreira con só 15 anos e, tras dezaoito anos de traxectoria, consolidouse como unha das primeiras mulleres produtoras do país.
O seu último traballo, “Pastoral” (2024), é unha homenaxe ao folclore portugués que foi recoñecido co prestixioso Premio José Afonso en 2025 pola súa orixinalidade e cohesión estética. Tamén ten destacado no Festival da Canção, quedando segunda en 2018 e chegando á final en 2025 coa propia “Rapsódia de paz”.
A súa música integra tradición con modernidade, aliñándose co movemento Solar Punk para visualizar un futuro sustentable. Como artista multidisciplinar, emmy Curl crea experiencias inmersivas deseñando ela mesma a imaxe, a cenografía e as proxeccións dos seus concertos, ofrecendo unha viaxe singular por paisaxes sonoras e visuais.
ENTRADAS NA CANTINA OU RESERVA
