Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

FANFARRIA TAQUIKARDIA + FERAL BOOTY

15 Novembro 2025 @ 21:00 -23:59
10€ - 12€
Fanfarria 15nov25

Despois de levar o @premiosmartincodaxdamusica 2025 e posarmos xuntos cos premios ven visitarnos Fanfarria Taquikardia xunto con Feral Booty

Fanfarria Taquikardia é unha banda esporádica formada por músicos das Rias Baixas. O grupo, con 13 integrantes, define o seu son como unha festa trepidante con fortes influencias da música balcánica e klezmer, tomando como referentes a Goran Bregović ou Fanfare Ciocarlia. A súa música é unha invitación ao baile e á xolda, característica que xa quedou patente no seu primeiro traballo, “Sístole-Diástole” (2014). A banda é coñecida polas súas actuacións enerxéticas e provocadoras, como a famosa participación nunha procesión tocando unha mestura da canción anarquista “Ás barricadas” coa melodía do “Coche Fantástico”. Co paso dos anos, consolidáronse como unha das propostas máis festeiras do panorama musical galego.

Feral Booty é un colectivo cambiante de mutantes que regresan a esta líña temporal para tocar a música folk tradicional do inferno radiactivo que é o noso futuro. Agora aprenderon de la electricidade, evolucionando cara riffs enchoupados de distorsión tocados rápido de abondo como para que os nenos e nenas fagan pogo nun círculo. Como din en «Regreso al futuro» «Supoño que vós non estades preparados, pero ós vosos fillos vailles encantar».

Entradas á venda na Cantina do CSCD As Pedriñas

Detalles

  • Data: 15 Novembro 2025
  • Hora:
    21:00 -23:59
  • Custo: 10€ - 12€
  • Categoría do Evento:

Recinto