Cargando eventos

« Todos os eventos

Flotsam And Jetsam

20 Novembro @ 20:30
27€
Flotsamandjetsam 20nov26 Cartazsalarebullon

𝐕𝐎𝐋𝐕𝐄 𝐅𝐋𝐎𝐓𝐒𝐀𝐌 𝐀𝐍𝐃 𝐉𝐄𝐓𝐒𝐀𝐌!!!

Catro décadas despois do seu nacemento, @flotsamandjetsamofficial seguen demostrando por que son un dos nomes imprescindibles do thrash metal americano.

A banda de Arizona chegará á Península Ibérica este outono cunha xira de 7 datas para presentar o seu novo álbum, Rats In The Temple, que veu a luz o 28 de agosto a través de Napalm Records.

Con clásicos como No Place for Disgrace ou Doomsday for the Deceiver no seu legado e unha segunda xuventude creativa refrendada por traballos recentes como The End of Chaos e I Am the Weapon, FLOTSAM AND JETSAM regresan cun disco cargado de riffs afiados, guitarras xemelgas, velocidade, melodía e toda a intensidade que definiu a súa carreira.

Rats In The Temple reúne 13 novas composicións nas que a banda aborda temas como a guerra, a traizón, o abuso ou a morte, mantendo intacta a personalidade que os converteu en referentes do xénero.

📍 Xira 2026:
19/11/2026 @rcaclublx (Lisboa)
20/11/2026 @salarebullon (Mos)
21/11/2026 @4.spacefour (Avilés)
22/11/2026 @urbanrockconcept (Vitoria)
23/11/2026 Sala @lanaubcn (Barcelona)
24/11/2026 @salarockcity (Valencia)
25/11/2026 @revi.live (Madrid)

Entradas xa á venda en www.itp-promotions.com

Detalles

  • Data: 20 Novembro
  • Hora:
    20:30
  • Custo: 27€
  • Categoría do Evento:

Recinto