Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Lumedooop+ Saibran

10 Maio @ 20:30 -22:30
Saibran + Lumedoloop

Un dobre concerto cos debuts discográficos de Lumedooop e Saibran.

Lumedoloop son Jamas, Møu e DJ Mil: tres referentes do hip hop galego que presentan en directo «(Re)existencia», o seu primeiro LP conxunto.

Sobre o escenario, despregan o triángulo conceptual do disco: a Rexistencia —o lume da loita—, a Reexistencia —o loop da transformación— e a Existencia —o froito de resistir e transformarse, a presenza plena—.

O flow magnético e a poética afiada de Jamas, a narrativa sonora de Møu e a técnica milimétrica de DJ Mil constrúen un concerto intenso, dinámico e sen concesións. Unha viaxe que atravesa a poesía máis esixente, a denuncia social sen edulcorantes, a retranca como arma e a introspección máis fonda.

Unha proposta escénica firme, honesta e sen artificios. Rap en estado puro.

Saibran é o proxecto persoal de Cibrán García, a metade de Boyanka Kostova. O rapeiro de Santiago vén de lanzar o seu primeiro disco ‘Atardecer Harmonioso con Gotas de Primavera’ que está a presentar en directo acompañado de Julián Goicoa ao baixo e Fiz García á batería.

ENTRADAS

Detalles

  • Data: 10 Maio
  • Hora:
    20:30 -22:30
  • Categoría do Evento:

Recinto