
Perro Futuro

¡Primeira ocasión en que poderás ver a Perro Futuro en acción na mítica e espectacular Sala Rebullón!
Prometen que poñerán a sala patas arriba e farante bailar, saltar e cantar co seu Rock ácido e divertido a partes iguais. Desde o seu primeiro concerto, na Encina (Ponferrada) en setembro de 2024, a banda non parou de traballar nin un minuto e conseguiu tocar xa máis dunha trintena de concertos defendendo o complicado forte de saír a amosar un repertorio que ninguén coñecía pero que, ao parecer, aínda resoa nas cabezas de toda esa xente que puido gozalo nalgún deses directos.
Preguntádelle á xente que os viu se aínda se lembran de “Puro Cristal”, “Lorenzo en Llamas” ou do “Rei María”… a ver que vos comentan as xentes do lugar. Apostamos a que aínda as seguen cantando.
Diversión asegurada! A banda está formada polos bercianos Diego Amigo ao baixo e voz principal, Xoan Otero ás guitarras, e o vigués, Suso Valcárcel, á batería. ¡¡ Esperámosvos na Rebullón !!
