Cargando eventos

« Todos os eventos

Unto Vello

21 Novembro @ 21:00 -22:30
12€
Unto Vello

A Sala Rebullón acolle a Unto Vello, dúo formado por Bieito Pereira (voz e percusión) e Xabi Gómez (acordeón e voz). O proxecto nace en 2024 froito do labor de recollida de música tradicional galega polos seus integrantes por todo o país, rescatar as maneiras de cantar e tocar, as coplas e as particularidades de cada zona.

Coa súa música en vivo agroman palmas, aturuxos, puntos e bailes soltos e agarrados, tecendo comunidade en cada actuación. A proposta escénica céntrase no baile e na transmisión colectiva, convertendo os escenarios en espazos de encontro, memoria e celebración colectiva.

O dúo continúa a xira Inmaterial, levando a tradición galega por escenarios do país e fóra das fronteiras. En marzo estrearon o seu debut discográfico, Inmaterial, na Sala Capitol de Santiago, un álbum que recompila cantares tradicionais nun labor de investigación e reinterpretación do patrimonio inmaterial. Segundo os artistas, as auténticas protagonistas son “aquelas persoas que nos abriron un día a porta das súas casas”.

Percorreron escenarios como a Foliada da Fonsagrada, o Ponte Farruca, Atardecer no Gaiás, a Festa Galega de Malpica, a Romaría de Santa Margarida ou o Festival da Luz de Boimorto, e actuaron en Burgos e Lausanne (Suíza). Foron nomeados aos Youtubeiras 2025 e finalistas nos Martín Códax da Música en Música Tradicional en 2026.

Detalles

  • Data: 21 Novembro
  • Hora:
    21:00 -22:30
  • Custo: 12€
  • Categoría do Evento:

Recinto