Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ANIVERSARIO SALA REBULLÓN

10 Maio 2025 @ 13:30 -03:00
ANIVERSARIO REBULLÓN
O 10 de maio celebramos o VIII Aniversario da Sala Rebullón cunha edición moi especial da nosa Romaría da Rebullón! Un día completo de música, bo xantar e moito baile para agradecer todo o apoio nestes anos.
Preparádevos!!💥
🔥 Sesión vermú:
Abrimos a festa con Rusty Bones, catro músicos vigueses que nos levan ao salvaxe oeste cun son cheo de raíz, folclore e rock americano.
🥩 Xantar popular con churrasco
A música fai bailar… pero tamén abre o apetito! Preparamos un xantar popular con churrasco do bo, para que recargues enerxía antes da que se vén pola tarde.
🔥 Concertos da tardiña con Leria e Jay & The Smoking Machines
Leria chega dende A Coruña cun indie-pop en galego que emociona e reivindica. Letras coidadas, sons frescos e unha posta en escena vibrante. Se gañaron o Novos Valores e abriron o Festigal, é por algo.
Por outra banda, Jay & the Smoking Machines mesturan blues, rock clásico, swing e un toque exótico nun directo que reborda personalidade.
🌙 E pola noite… Zavala e Ruxe Ruxe
Zavalamusica é unha bocanada de aire fresco na escena galega: tradición e vangarda mesturadas con electrónica, piano, acordeón e letras íntimas. Música de raíz cunha estética moderna e feminina que conmove e sorprende.
E para pechar por todo o alto, Ruxe Ruxe, historia viva do rock galego. Desde 1996 levan mesturando rock, punk e sons tradicionais con letras combativas e máxicas. Unha das bandas máis potentes do país, que en directo sempre o dá TODO.
🎊 Música, churrasco e moita festa para celebrar oito anos de cultura.
📅 Sábado 10 de Maio
🎟️ Entradas:
Churrasco + concertos: 12€
Concertos anticipada 6€ / Billeteira: 8€
🏡 Entradas físicas á venda: Cantina As Pedriñas (@cantinaaspedrinas)

Detalles

  • Data: 10 Maio 2025
  • Hora:
    13:30 -03:00
  • Categoría do Evento:

Recinto