
- Este evento pasou.
Autumn Alive
25 Outubro 2024 @ 18:00 -27 Outubro 2024 @ 01:00

Venres 25
Non necesitan presentación. Un dos combos máis interesantes da última década chegado de terras portuguesas.
O grupo ferrolán virá presentar o seu novo traballo “Tonight We Hunt” no Autumn Alive. Groove e Metalcore á enésima potencia.
Sen dúbida, unha das sensacións do Metal melódico xurdida do norte. O seu disco “Sorrow Turns To Dust” é xa obrigado para calquera fan do xénero.
Dende Vigo, Kratos xa se están a facer un oco na escea Thrash do sur de Galicia… Diversión asegurada…
Sábado 26
Horda asturiana saída do mesmo inferno que Celtic Frost. Traerán recén saído do forno o seu terceiro traballo “Beyond The Veil”.
Desde Euskadi. Un dos grupos máis transgresores do momento, coa súa fusión de Shock Rock, Psicolodelia, Hard Rock e Heavy Metal.
Godark virán desde Porto para demostrarnos por que son unha das grandes promesas do Death Metal melódico luso.
O grupo Agrometal de Ponteareas traerá o seu escuro Black/Death á Rebullón… A morte en coiro xa chega…
