
- Este evento pasou.
CANTOMETRICS

📢 CANTOMETRICS NA SALA REBULLÓN!
Este sábado, @cantometrics presenta na Rebullón o seu traballo “Efémeras”, un orixinal e ambicioso proxecto interdisciplinar que traslada ao público á Galicia de principios do século XX.🌱
Cunha ollada contemporánea e experimental sobre o patrimonio de tradición oral, o grupo inspírase no valioso legado fotográfico e nos diarios de viaxe da estadounidense Ruth Matilda Anderson por Galicia. A partir das súas imaxes, a artista Coral Piñeiro creou pezas de vídeo que se reproducen á vez que se interpreta en directo a música composta especificamente para este espectáculo. ✨
Este traballo tomou o relevo do seu primeiro debú discográfico, de 2023, titulado “Cantometrics” en homenaxe ao método de análise que o musicólogo estadounidense Alan Lomax desenvolveu para estudar as músicas de raíz, no que relacionaba elementos musicais do canto coas características da sociedade que cantaba.
Non volo perdades! 💛
🎟️ Sábado 3 de outubro ás 21h. Prezo único: 10€🎟️
