Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Children Of The Sün

08 Febreiro 2025 @ 13:00 -15:00
DE BALDE
Children of the sün

Os suecos CHILDREN OF THE SÜN ofrecen un son poderoso que fusiona rock, blues e a música folk nunha experiencia atemporal. Cunha mestura de harmonías clásicas e riffs apaixonantes, crean una atmosfera psicodélica e conmovedora que evoca sentimentos de liberdade, amor e una profunda conexión coa natureza, como se dun gulash musical de Fleetwood Mac, Ghost e ABBA se tratase.

Tras unha destacada actuación no Sweden Rock Festival de Suecia e o lanzamento do vídeo musical do seu pegadizo sinxelo “Come With Us”, o seu último álbum “Roots” (Sign Records, 2022) lévate a unha viaxe emocional a través da vida, coa natureza como un compañeiro constante. A canción “Leaves” situouse entre as cinco primeiras na lista de Aftonbladet como unha das mellores cancións de rock de 2022, e a banda foi mencionada en publicacións como a revista Rolling Stone, afirmando a súa presencia e impacto. A banda lanzará o seu novo álbum “Leaving Ground, Greet The End” no seu propio selo “Lovely Eyes Records” o próximo 10 de xaneiro de 2025.

Inspirado en Janis Joplin, Rival Sons e o espírito do amor libre e lexendario Festival de Woodstock de 1969, Children of the Sün encarna tanto o lado despreocupado como o lado reflexivo da música rock clásica. 

O concerto terá lugar na Sala Rebullón e será de balde.

Detalles

  • Data: 08 Febreiro 2025
  • Hora:
    13:00 -15:00
  • Custo: DE BALDE
  • Categoría do Evento: