Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

TEATRO: COMEDIA SEN TÍTULO

11 Xaneiro @ 19:00 -21:30
5€
CartelerÍa Teatro Redes Sociais
COMEDIA SEN TÍTULO na Sala Rebullón!
🎭 Setestrelo Teatro (@setestrelo.teatro) creado en 2019 como un obradoiro teatral na delegación da ONCE de Vigo da man de Mónica Sueiro (@monicasueiro) dá un gran paso a finais de 2023 ao converterse en agrupación artística da ONCE 🌱
Actualmente, Setestrelo está formado por once actrices e actores, oito deles con discapacidade visual, a maioría vinculada ao grupo dende os seus inicios, combinando talento, adicación, e ilusión sobre o escenario 🌟
📝 A obra: Lorca estaba a traballar en Comedia sen título cando foi asasinado. Da súa fascinante e revolucionaria peza só se conserva o primeiro acto, pero xa revela unha crítica social do poder e unha ollada intensa sobre a sociedade: a falta de sensibilidade, a cegueira cara aos demais, a hipocresía da caridade, o uso da relixión como xustificación de todo… Ao mesmo tempo, cuestiona o teatro tradicional e decadente, propoñendo un cambio radical: achegar a realidade, derrubar as barreiras do falso e tocar o que latexa dentro de cada espectador.🌱
✨“Por que imos ao teatro para ver o que pasa e non para ver o que nos pasa?”✨
Todo acontece no teatro, durante un ensaio do Soño dunha noite de verán, e de súpeto, nas rúas estoura unha revolución: necesaria, inevitable… e capaz de remexer todo por dentro.

Detalles

  • Data: 11 Xaneiro
  • Hora:
    19:00 -21:30
  • Custo: 5€
  • Categoría do Evento:

Recinto