Cargando eventos

« Todos os eventos

GRANDE AMORE + IBSXJAUR

10 Outubro @ 22:30 -01:00
Grande Amore

Grande Amore é unha das propostas máis singulares e intensas da música galega actual. O proxecto de Nuno, Clara e María mestura rock, punk, electrónica e distorsión cunha actitude escénica absolutamente persoal, levando ao directo un son físico, ruidoso e sen concesións. Recoñecidos co Premio Martín Códax 2022 e co Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego 2024. O seu terceiro disco, III, publicado en 2025, é o traballo máis salvaxe e acelerado da súa traxectoria, onde guitarras, sintetizadores, bases electrónicas e baterías se achegan ao rock máis extremo e ao metal industrial.

Detalles

  • Data: 10 Outubro
  • Hora:
    22:30 -01:00
  • Categoría do Evento:

Recinto