
- Este evento pasou.
LUIS PASTOR

📢 LUÍS PASTOR na Sala Rebullón!
✨ Abril é liberdade… e en maio seguimos celebrándoa xuntas ✨
Este domingo, unha das voces culturais imprescindibles das últimas décadas, Luis Pastor, chega á Sala Rebullón cun concerto moi especial: 🌹“Cantos de Abril e Liberdade”🌹. Farao con Uxía (@uxiamusica) e Lourdes Guerra (@lourdesguerra) como artistas convidadas, conformando unha cita íntima, comprometida e emotiva que encandilará ao público. 😍💫
@luispastorcanta é cantautor, poeta e compositor, nome esencial da canción protesta antifascista dos anos setenta. Suma máis de vinte discos publicados, unha obra sempre caracterizada pola poética, o compromiso social e a defensa dos valores democráticos. O seu traballo é fundamental para comprender a evolución cultural e política recente en toda a península. 🌱
Froito do seu talento e posicionamento a prol da liberdade, Luís Pastor recibiu numerosas distincións, entre as que destacan a Medalla de Extremadura, a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes outorgada polo Ministerio de Cultura e o Premio Luso-Español de Arte e Cultura, concedido polos gobernos español e portugués como recoñecemento á súa traxectoria en defensa dos valores democráticos e a súa contribución musical e poética nas transicións á liberdade. 🇵🇹
🎟️ Domingo, 3 de maio, ás 18:30 horas, desde 12 euros en anticipada (15 € na billeteira), á venda online e na cantina do CSCD As Pedriñas.🎟️
