Xa temos cartaz para o festival favorito das persoas de mediana estatura! Chega IX MIÚDO FEST!

Unha edición chea de música, poesía, espectáculo e moito talento. Vai tomando nota:

Xoves 15 de maio

12:30h | CEIP Pena de Francia
Pakolas visita as aulas co seu universo musical pensado para @s máis cativ@s! Paco Pakolas Cerdeira é músico, compositor e produtor que fai vibrar á rapazada coa súa enerxía e creatividade.

Venres 16 de maio
para o alumnado do IES de Mos
Unha experiencia escénica única onde se mesturan poesía, música electrónica, arte e pensamento crítico. Unha vivencia sensorial e comprometida con selo propio: Silvia Penas Estévez + Jesús Andrés Tejada.

Sábado 17 de maio – Coincidindo co Día das Letras Galegas

A partir das 17:00h | CSCD As Pedriñas

Entrada libre!

Interestelares – Nova xeración de artistas do Hío que nos traen pop-rock en galego feito dende a alma. Finalistas do “Quero Cantar” e cheos de frescura e compromiso!
Paco Nogueiras Nodar – “Canto contigo” é festa, participación, retrousos pegadizos e humor. Un espectáculo para cantar, bailar e rir sen parar!
Collón DE Lola– A versión máis roqueira do Xabarín Club! Un repaso nostálxico e salvaxe polas cancións da nosa infancia, como nunca as escoitaches.

Domingo 18 de maio

18:00h | Sala Rebullón

Entrada: 6€ (á venda no acceso)

Pitiminí: Concerto para bebés
Un espectáculo sensorial para crianzas e familias. Música, danza e poesía nun ambiente acolledor, da man de Davide González e Iria Pinheiro.

Sábado 17 de Maio e Domingo 18 de Maio

Entrada de balde (agás domingo 6€)

Avda. Rebullón Nº 23 – Tameiga