
- Este evento pasou.
Sheila Patricia

Dende Redondela, no seo dunha extensa familia de artistas, Sheila Patricia medrou entre cultura, talento e ritmos do país. A súa mestura de raíces galegas e arxentinas, xunto ás influencias das súas viaxes por América Latina, tece un universo musical único e inconfundible que versa entre o Folk, o fado, o jazz e a mistura con ritmos actuais. A constante conexión coa súa ter ra reflíctese no seu imaxinario artístico, onde rescata o sentimento do canto popular das mulleres, herdado da súa avoa, unha das figuras femininas máis influentes na súa vida.
A voz de Sheila Patricia máis que un instrumento é o eixo central da súa obra cunha interpretación elegante e moi persoal. Convértese así nunha ferramenta emocional que conecta directamente co público.
A artista presentará en Marzo o seu novo espectáculo en solitario, un canto ao empoderamento da muller.
