Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Solpores da Rebullón: Todas las batallas perdidas

22 Agosto 2024 @ 21:00 -22:30
BILLETEIRA INVERSA
Todasbatallasperdidas22agosto24

Todas las Batallas Perdidas da nome a un proxecto que nace das cancións compostas por Hugo (Clown, ÁnimA, CoVa) entre 2018 e 2019 ó que se unen Álvaro Lorenzo ( Apeiron , Pescando en Copacabana, Los Sesuales, Johnny Cat & The Poor Dogs), Paio (ÁnimA, CoVa, O Sonoro Maxín, New Generation Big Band, Johmy Cat & The Poor Dogs) e David (Último Dios, Poetas do Kaos, Trut69, Los Sesuales, CoVa, Natural-Zero) dando forma a unha banda de veteranos da escena musical do Ribeiro.

A idea, crear un disco conceptual que exprese a través da música o percorrido ó longo da nosa vida por distintas emocións e sentimentos. O resultado, “Ataraxia” (2022), está composto por 5 cortes nos que priman os contrastes, de riffs pesados e violentos a pasaxes ambientais con atmósferas oscuras. O inicio, Portimâo que lembra a infancia, da paso a Extinción, que trata a inxustiza e crueldade hacia outros seres vivos. A violencia é o ritmo principal de Quilenol, que eleva a intensidade ata chegar á paz en Amordor. Finalmente, como peche, o único tema con voces, Macaulay Culkin, exorciza todo sentimento ata alcanzar a aceptación.

Ataraxia está gravado en Bovoo Estudio e producido por Álvaro. Para composición, arreglos e gravación das liñas de baixo e percusión conta co traballo de Paio Xosé e David. Despois da gravación da primeira maqueta pasan a formar parte da banda Adrián Gómez “Chimy” ó baixo e Rivera á batería.

Detalles

  • Data: 22 Agosto 2024
  • Hora:
    21:00 -22:30
  • Custo: BILLETEIRA INVERSA
  • Categoría do Evento: