Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

TEATRO A COMUNA

08 Xuño 2025 @ 20:00 -21:00
Billeteira inversa
Teatro A Comuna

O Teatro Comunitario é unha tipoloxía teatral que nace na década dos anos 80 do Século XX na Arxentina e que se define como un teatro de e para a cidadanía. Ten unhas peculiaridades que fan que sexa propio e diferente ao teatro amador ou social. Foi en Ponteareas, dende o 2022, onde o grupo de teatro comunitario “A Comuna” decidiu ubicarse e desde aquela leva buscando historias que vén a luz por primeira vez nesta función. A Comuna traballa na escenificación de sucesos de Ponteareas e as súas 24 parroquias e explora curiosidades que seguro van facer que coñezamos o lugar onde vivimos dentro outro punto de vista.

O teatro comunitario é unha práctica contemporánea de índole social onde se pon en valor a recollida de historias da nosa contorna, facendo que a súa práctica incremente os valores de convivio e vivencia colectiva. Fomentar o teatro comunitario é traballar a autoestima da cidadanía e compartir co público esta práctica promove a reflexión e o debate sobre as prácticas artísticas con contido social e o desenvolvemento de proxectos comunitarios.
O teatro comunitario entende que a función é un día de festa, por iso ao rematar existe un tempo que se denomina “posfunción” onde se xenera unha conversa colectiva arredor das historias que se pr esentaron e se complementa a información dos sucesos. Pedagóxicamente podemos investigar na Red Nacional de Teatro Comunitario de Argentina, onde hai moitas ferramentas para saber máis sobre o tema.

Detalles

  • Data: 08 Xuño 2025
  • Hora:
    20:00 -21:00
  • Custo: Billeteira inversa
  • Categoría do Evento:

Recinto