Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

I FESTIVAL SALVAMONTES

15 Novembro 2024 @ 21:00 -16 Novembro 2024 @ 23:59
10€ - 18€
Festivalsalvamontes15 16nov24
A Comunidade de Montes de Tameiga e a plataforma Ulloa Viva únense para celebrar o 𝐈 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐢𝐯𝐚𝐥 𝐒𝐚𝐥𝐯𝐚𝐦𝐨𝐧𝐭𝐞𝐬! 🎶🌍
Os días 15 e 16 de novembro, a sala Rebullón converterase no epicentro da defensa da nosa terra e dos recursos naturais, con todos os beneficios a favor da Plataforma por unha Ulloa Viva . Este festival nace como unha resposta contundente á ameaza que representan diversos macroproxectos económicos e comerciais que poñen en risco as nosas áreas naturais, coa colaboración da administración autonómica. Entre eles, destacan o proxecto GS360 e a planta de celulosa de Altri en Palas de Rei.
🔊 Seis bandas galegas unirán as súas forzas para ofrecer un evento solidario, en previsión da manifestación nacional que terá lugar en decembro en Compostela.
🎤 Venres 15 de novembro:
TIAM Gz: unha explosión de rap e festa que celebra a nosa cultura con ritmos vibrantes.
Flow do toxo: un grupo feminino de rap reivindicativo que fará eco das voces do rural.
Willow GHZ: un artista emerxente que está dando que falar na escena do hip hop galego.
🎤 Sábado 16 de novembro:
Leo Arremecághona: unha irreverente mestura de rock e punk, con letras que invitan á reflexión e á risa.
Sun Iou: a nova promesa do rock&roll en galego que non podes perder.
RUXE RUXE: referentes do rock e punk galego que traen toda a súa traxectoria á sala.
🌱 Únete a nós para defender a nosa terra! A música e a natureza agárdanche. Xuntos, podemos preservar os nosos recursos naturais e asegurar un futuro sustentable para Galicia.
🎟️ Entrada Anticipada 1 día: 10€ / Abono anticipado 2 días: 15€
🎟️ Entrada Billeteira 1 día: 13€ / Abono 18€
🏡 Entradas físicas á venda: Cantina As Pedriñas
🗓️ Venres 15 e sábado 16 de novembro
⏰ 21:00h
📍 Avda. Rebullón Nº 23 – Tameiga

Detalles

  • Comezo: 15 Novembro 2024 @ 21:00
  • Remate: 16 Novembro 2024 @ 23:59
  • Custo: 10€ - 18€
  • Categoría do Evento: