
- Este evento pasou.
Evergrey

Evergrey celebran o seu novo álbum *Theories Of Emptiness* cunha gran xira europea en novembro e decembro de 2024, que os levará por 18 países. Despois de máis de 30 anos de existencia, os mestres do Power/Progressive Metal de Gotemburgo, Evergrey, están lonxe de frear. O quinteto, liderado polo fundador, cantante e guitarrista Tom S. Englund, lanzará o seu decimocuarto álbum de estudio, *Theories of Emptiness*, este venres 7 de xuño a través de Napalm Records, o cal xa está a recibir excelentes críticas. Sen dúbida, o novo álbum marca un dos discos máis dinámicos que a banda creou ao longo da súa impresionante carreira.
Evergrey estarán de xira pola península da man de ITP Promotions e Suspiria Records para estrear tanto as súas novas cancións como para lembrar os seus clásicos. Acompañados polo combo de metal alternativo italo-estadounidense Klogr e os metaleros progresivos suízo-italianos Virtual Symmetry, ofrecerán unha experiencia épica aos seus seguidores.
