Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Aquelarre + Living Tales + Disonat

6 Xuño @ 21:30 -01:30
10€
Ii CartelerÍa Normal

Living Tales é unha banda portuguesa de metal progresivo e sinfónico con preto de vinte anos de traxectoria e un son propio que combina arranxos orquestrais e a potencia do metal. Os lusos contan con catro álbums de estudio no mercado, comezando co seu debut Delusional Mind en 2012. Tras o lanzamento de Mirror e a boa acollida de Persephone en 2022, a banda acadou a súa madurez creativa co seu traballo máis recente, Hades, publicado en abril de 2025. O concerto da Rebullón forma parte da xira de presentación dos seus novos temas, confirmando o seu gran momento sobre os escenarios.

Xunto aos portugueses, dous grupos galegos para completar unha noite de puro metal contundente. Aquelarre é unha banda nada en Vigo que se caracteriza polo seu power core, unha mestura entre a potencia do metalcore e a melodía do power metal. A súa traxectoria profesional comezou co lanzamento de “Requiescat in Pace” (2014), seguido por “Tempo” (2016), co que realizaron máis de 40 concertos por España, e “Suevia” (2019), onde exploraron un son máis agresivo e moderno. No 2024, editaron o seu último traballo ata a data, “Versus”, un proxecto ambicioso producido que se divide en catro EPs.

Pola súa banda, DisonanT formouse no 2023 cun estilo moi persoal, agresivo, cunhas letras que ofrecen un retrato crítico dun sistema que consideran decadente e desapiadado. A incorporación no 2024 do guitarrista Alfonso Pérez consolidou un son máis complexo e poderoso, co que a banda busca establecerse como un referente dentro da escena metal. Cun enfoque baseado na paixón e na dedicación, DisonanT convida ao público a romper coa rutina e loitar polos seus obxectivos máis ambiciosos.

Detalles

  • Data: 6 Xuño
  • Hora:
    21:30 -01:30
  • Custo: 10€
  • Categoría do Evento:

Recinto