Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

BALTEIRA + COMANDO CURUXÁS

7 Xuño @ 19:00 -22:00
Balteira Normal

Balteira é un cuarteto nado en Betanzos a finais de 2025 que sitúa a música de tradición oral galega como eixo vertebrador da súa proposta artística. O grupo recupera cantares de torreiro e melodías instrumentais para o baile baixo unha mirada contemporánea. O seu nome rende homenaxe á soldadeira medieval María Pérez ‘A Balteira’, quen serve de inspiración como símbolo de liberdade, feminismo e progreso para este proxecto renovador.

A formación destaca pola ampla traxectoria dos seus compoñentes, que proceden de proxectos de renome como Tiruleque, Aliboria ou Habelas Hainas, ademais de contar cunha sólida bagaxe como docentes de música tradicional. Malia a súa recente creación, Balteira xa conta con gravacións editadas e actuacións nas que saben conxugar como ninguén a emoción da tradición co baile e a festa do directo.

Pola súa banda, Comando Curuxás preséntase como unha murga guerrilleira que fusiona tradición e modernidade para levar a festa e o baile alá onde vai. Armados cun repertorio vocal e instrumental especificamente deseñado para o baile da terra, o grupo asalta calquera escenario e fai correr “ríos de muiñeira” alá onde vai.

Desde o seu nacemento, Comando Curuxás percorreu numerosos escenarios e festivais como o Festival de Pardiñas e o Trad Fest de Compostela. Ademais de protagonizar un capítulo na serie Recollendo Músicas de AGalega en 2024, a banda atópase actualmente presentando o seu segundo traballo discográfico, titulado Carne de Militancia (2025)

Detalles

  • Data: 7 Xuño
  • Hora:
    19:00 -22:00
  • Categoría do Evento:

Recinto