Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Solpores da Rebullón: Castro y Los Escoltas

01 Agosto 2024 @ 21:00 -22:30
BILLETEIRA INVERSA
Castrolosescoltas

Castro y Los Escoltas é o proxecto persoal do guitarrista Miguel Castro. Naceu no sur da provincia de Pontevedra durante o confinamento, coa idea de facer rock no sentido amplo da expresión. As súas cancións amosan unha gran variedade de estilos, desde o rock clásico ata o soul e sons máis densos.

Xunto a Miguel Castro (voz principal e guitarra), o grupo está composto por Álvaro Vázquez (baixo e coros) e Alexandre Boamorte (batería). Os músicos son veteranos do panorama musical galego, que forman ou formaron parte de proxectos como The Pretty Shirts, Gold&Colt ou Pegas Negras.

Sobre o escenario ao aire libre do centro social e cultural As Pedriñas, Castro y Los Escoltas interpretarán temas do seu primeiro traballo, “De nuevo a empezar”, composto por seis cortes e editado o ano pasado. Ademais, a formación presentará composicións do seu novo disco, que está a gravar actualmente e verá a luz ao longo do presente ano 2024.

Castro y Los Escoltas actúan en substitución de Lunamotos, banda que viuse na obriga de cancelar o seu concerto en Tameiga por causas de forza maior.

Detalles

  • Data: 01 Agosto 2024
  • Hora:
    21:00 -22:30
  • Custo: BILLETEIRA INVERSA
  • Categoría do Evento: