Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Solpores da Rebullón: Pablo Vila y Los Tripulantes

18 Xullo 2024 @ 21:00 -23:00
BILLETEIRA INVERSA
Pablovilatripulantes16 9

Pablo Vila y Los Tripulantes súbense ao escenario ao aire libre dos Solpores da Rebullón, no exterior do centro sociocultural As Pedriñas, para presentar o seu último disco, “Mientiéndote a la cara”. Entrada con billeteira inversa: acceso de balde para o público, abonará o que considere xusto polo espectáculo que acaba de presenciar.

Pablo Vila y Los Tripulantes é o formato eléctrico que o recoñecido músico vigués agrega á súa carreira, unha banda de estilo pop-rock creada no 2021 xunto a Carlos Pereira e Roi Fernández, batería e baixo, para adaptar e interpretar os temas dos seu repertorio.

A formación propón un directo cheo de emoción, intensidade, ritmo e certo tinte poético, no que non faltarán temas do álbum “Velas rotas” (grabado en Madrid da man de Lichis) e do seu último traballo, “Mintiéndote a la cara”, rexistrado en Casa de Tolos da man de Segundo Grandío.

Ao longo da súa traxectoria, Pablo Vila foi quen de construír un estilo propio, a medio camiño entre o rock, o pop e a canción de autor. Destaca por un ritmo e son en evolución constante, polas súas letras agudas e sinceras, cargadas de ironía, nas que transmite a súa visión crítica e vitalista sobre temas sociais e humanos, cun carácter íntimo e persoal.

Pablo Vila y Los Tripulantes supón un novo paso adiante na traxectoria do vigués, logo de anos de rodaxe e formación en bandas locais de diversos estilos (Idem, The Lirium, Los Jekill, Salitre…), tanto na interpretación á guitarra, baixo e voz como posteriormente na creación das súas propias composicións.

Detalles

  • Data: 18 Xullo 2024
  • Hora:
    21:00 -23:00
  • Custo: BILLETEIRA INVERSA
  • Categoría do Evento: