Saltar ao contido
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Madmess

11 Xullo @ 21:00 - 23:00

TAQUILLA INVERSA
Madmess

Procedentes da vibrante escena musical de Oporto, Madmess ofrecerá mañá ao público galego un stoner rock completamente instrumental, aderezado con pinceladas de psicodelia. Así naceron no 2017, uns primeiros anos que a banda pasou en Londres antes de regresar a Portugal, e así continúan hoxe: conquistando ao seu público, buscando os límites, non deixando a niguén indiferente.

Con claras influencias do rock dos anos setenta, Madmess defínese a si mesmo como unha “nave espacial instrumental, unha que, a diferentes límites de velocidade, deambula a través de constelacións con forma de Zeppelin ou buracos negros dignos de Sabbath”.

Con estas premisas, Madmess gañou pronto o recoñecemento do circuito musical europeo e do público, grazas á súa fusión única de rock pesado con elementos psicodélicos, mais sempre procurante traspasar os límites do xénero.

Ata o momento, a formación ten editados dous discos: o primeiro, homónimo, no 2019 e o segundo, “Rebirth”, lanzado a finais de 2021. Neste traballo, Madmess afonda no seu son potente e logrou o aplauso de crítica e público. O mellor da súa discografía e a enerxía do seu directo,nos Solpores da Rebullón.

Detalles

Data:
11 Xullo
Hora:
21:00 - 23:00
Custe:
TAQUILLA INVERSA
Categoría do Evento:

Recinto

Sala Rebullón
Avenida Rebullón, 23 Tameiga
Mos, Pontevedra 36416 España
Phone
986 48 79 58