
- Este evento pasou.
Solpores na Rebullon: Jazz de Laranxa

Jazz de laranxa xorde no ano 2023 pola iniciativa dun grupo de músicos asentados en Galicia, con diferente traxectoria e formación en estilos musicais tan variados como o jazz, o pop/rock, a música clásica e a música tradicional galega. O obxetivo da banda é construir un repertorio ecléctico, sen fronteiras xeográficas ou estilíticas, baseado en temas escolllidos procedentes da música popular, estándares de jazz e temas propios, a partires do cal acadar unha sonoridade orixinal que sexa atractiva para tódolos públicos. Jazz de laranxa preséntase en dous formatos en función do tipo de auditorío e espectáculo: formato de trío (voz/percusión, guitarra e clarinete) ou formato de banda (voz, guitarra, clarinete, contrabaixo e batería).
