Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

FARFULHAS CAPIVARA

16 Novembro 2025 @ 18:00 -20:00
Billeteira Inversa
Farfulhas Capivara 15nov25

… E, agora de vello, ARPEIRO!!!. FARFULHAS CAPIVARA (nome artístico de Fernando López, Ponteveda, 1976) comeza a súa andaina na música alá por finais do 96 derivado do namoro case inmediato que lle supuxo ouvir “A Galicia de Maeloc”. Buscando unha asociación onde aprender gaita en Pontevedra dou con “Duos Pontes” e alí co fóra de serie Iván Costa, con quen aprendeu os fundamentos da gaita o que lle supuxo coñecer e ter unha visión do que era a tradición e a música galega na e para gaita. Pasados uns anos segue a aprendizaxe e posta en contexto do aprendido en Tenorio (Cotobade) gracias as agrupacións Sons de Cores, Foula e Trazantes, onde coñeceu a recreación cara ó público da música de tradición oral con atuacións en aldeas, percorridos de gaitas, atuacións de baile, algún que outro viaxe cultural, atuacións en palco, etc. Parello a este percurso musical nomeadamente gaiteiril, tenta coñecer outros instrumentos do universo do folk galego onde, aparece aquí, a fame por entrar en contacto coa arpa celta. No principio dos anos dous mil inscríbese e cursa un ano co gran mestre Rodrigo Romaní na E-TRAD en Vigo onde aprende o básico deste instrumento. Despois destes anos iniciais e apartires do 2003 comeza un parón case absoluto co contacto coa música até o 2022. É a partires do 2023 e nos dous anos que lle segune, onde retoma os coñecementos de arpa, afiliase á Asociación Noia Harp Fest, adquire unha arpa da imensa luthier Lorena Reinaldo e comeza a montar o repertorio que escoitaremos o vindeiro 16 de novembro e que suporá a súa primeira atuación en público como solista.

Ao longo da atuación, duns 60 minutos de duración en formato billeteira inversa, imos escoitar temas de toda a vida e algúns moito menos trillados; como se di no mundo destes tipos de músicas, onde primarán, como non, temas que influenciaron a súa vida músical en inicio de gaiteiro hoxe de arpista e que, para facérmonos unha idea, serán melodias tradicionais que nos atoparemos nos repertorios de Milladoiro, Treixadura, Brisas da Coruña, Cempés, Iván Costa, etc.

Sempre é un pracer para As Pedriñas – Sala Rebullón non so termos nas nosas programacións xente consolidada no panorama tradicional e folk como Mediarea, Os d’Abaixo, Milladoiro, Caldo, Indala (Xosé Liz), etc, senón tamén dar a benvida á escea a novos artistas como é o caso.

Música de festa foliadeira sen grandes pretensión … máis que nalgún momento haxa alguén que decida apartar algunhas das cadeiras e porse a bailar. Vinde!!!

Detalles

  • Data: 16 Novembro 2025
  • Hora:
    18:00 -20:00
  • Custo: Billeteira Inversa
  • Categoría do Evento:

Recinto