Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Os Jalochos – A Landra viaxeira e o amigo Lambón

15 Decembro 2024 @ 19:00 -20:00
DE BALDE
Os Jalochos

Os Jalochos presentan “A Landra viaxeira e o amigo Lambón”.

Un libro no que o público infantil poderá seguir as aventuras destas dúas personaxes e os amigos e amigas que polo camiño atoparán. Cunha folla de carballo que se transforma en camión, nun barquiño, nun paraguas, se precisan dun avión, Landra e Lambón coñecerán a Picapeixe e Picapaus, o punki Ramón o Salmón, a píntega Leda, Old Pot que é unha tarteira vella e Lara, a píllara espacial. Respectar a natureza, viaxar por vilas e cidades, xogar co ritmo da música, cantar e bailar sen acougo, son parte das propostas que pon en valor este libro para o divertimento das pícaras e pícaros da casa.
Landra e Lambón, dúas criaturas que son un conto de fadas, relatan unha fabulosa historia chea de música, cor, aventuras, novas amizades e singulares expresións que pola costa galega adoitan falar.

Este conto leva aparellados distintos recursos en soporte dixital, completando así a obra cun audiolibro e doce pezas musicais para gozar en familia.

 

Detalles

  • Data: 15 Decembro 2024
  • Hora:
    19:00 -20:00
  • Custo: DE BALDE
  • Categoría do Evento:

Recinto