Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A Apalpadora de Iseo A Moura

20 Decembro 2024 @ 18:00 -20:00
BALDE
A Apalpadora

 

Unha muller xigante baixa da montaña do Courel no solsticio de inverno, guiada pola infinita tenrura que é calidade principal de todos os seres máxicos, na procura das nenas e nenos da Galiza. Ela ten a lembranza da fame e dos tempos duros de frío e escuridade e é por iso que garda e vela os soños dos máis cativos. Mais tamén é ela lembraza de lareiras prendidas e contos na noite, da compañía vizosa que quita as penas todas, da axuda mutua das veciñas, do coidado da comunidade, tamén ela é lembranza da luz que xa non fai máis que medrar dende que se chega á noite máis noite de todas as noites.

Dende o amor á terra e a todos os seus seres, canta ela á vida sinxela que noutro tempo levamos e que debemos lembrar para non nos perder nos camiños sen vida de asfalto e formigón. Dende a vida sinxela canta ao amor propio, ao respecto do propio corpo, á soberanía das crianzas sobre o seu corpo, aos afectos consentidos e desexados. Porque apalpar apalpa só cando as crianzas así o queren, coas mans de tenra terra e a aperta de musgo mol.

Detalles

  • Data: 20 Decembro 2024
  • Hora:
    18:00 -20:00
  • Custo: BALDE
  • Categoría do Evento: