
- Este evento pasou.
Samba da Batea

Samba da Batea é un conxunto de nove talentosos artistas que fusionan a rica tradición musical brasileira cos vibrantes ritmos funk e tradicionais galegos. Este proxecto, nado nas Rías Baixas, comeza como un soño duns músicos e amigos cunha paixón pola música brasileira.
Este interese pola música carioca en conxunción cas sinerxias que cada un destes músicos portan lévaos a unha proposta rica e variada estilisticamente, con tintes e cores doutros xéneros. A confluencia, tomando como base as músicas do Brasil, das músicas urbanas como o funk ou vencello que estes músicos galegos teñen ca música de tradición oral desencadea nunha proposta fresca, distintiva e vibrante.
Na rica travesía da música tradicional, atopamos conexións sorprendentes entre diferentes culturas e continentes, celebrando a diversidade e a fusión cultural desencadeando unha amalgama perfecta entre a Samba e a Batea.
